Valle-Inclán foto antigua

Presentación revista Nº 35 Cuadrante

A Asociación de Amigos de Valle-Inclán presentará este luns 19 de Marzo de 2018 as 12:00 horas na Fundación Granell, na Praza do Toural, de Santiago de Compostela o número 35 da Revista Cuadrante, publicación periódica de investigacións e ensaio sobre a vida e obra de Ramón María del Valle-Inclán.

Nesta edición, a publicación céntrase nas conferencias e debates que se levaron a cabo no Simposium Internacional sobre Valle-Inclán, celebrado en Roma, na Real Academia Española de Bellas Artes, insigne institución española na capital italiana da que, no seu día, foi director o ilustre escritor e dramaturgo galego.

Nos vemos allí!.